Skip to main content
Triacastela

Os Bolechas recorrerán as rúas de Triacastela o próximo martes 28

Por 21 Decembro, 2021Decembro 22nd, 2021Sin comentarios

Os Bolechas regresan ao Concello de Triacastela o vindeiro martes 28 de decembro para coñecer as súas rúas e aos seus veciños.

Os bolechas pasearán polo Concello para que os seus veciños poidan sacar fotos con eles e coñecelos de maneira persoal achegando á ilusión aos máis pequenos.

BOLECHAS
Os bolechas naceron no ano 2000 da man do debuxante e guionista Pepe Carreiro converténdose nos protagonistas da máis importante e famosa serie da literatura infantil galega.
A familia está formada por seis irmáns, Carlos, as xemelas Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá. Ademais, ás súas aventuras únese a súa mascota, Chispa.

En tódalas propostas dos Bolechas hai un fin didáctico que permite que os pequenos interioricen conceptos e valores universais, hábitos saudables, coñecementos da vida diaria…

O pasarúas permite que os máis pequenos coñezan aos protagonistas dos contos que len habitualmente. Os bonecos corpóreos, acompañados do seu R4 pasearán pola localidade e realizarán xogos ou actividades cos máis pequenos para que poidan gozar da música e xogos dos seus personaxes favoritos. Nestas intervencións relaciónanse dun modo máis próximo cos seus fans e achegan os personaxes do imaxinario infantil á realidade física.