Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Xermade un obradoiro de decoración de Nadal

Por 6 Decembro, 2021Decembro 8th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos de Xermade organizou un obradoiro de decoración de Nadal que se celebrará o 8 de decembro na nave de Xermade.

A sesión estará ao cargo do taller de artes Comeluz e terá dúas quendas, unha de 16.00 a 17.30 horas e outra de 18.00 a 19.30 horas.

O prezo da sesión será de 2 euros para os membros da asociación e de 5 para os non socios. As inscricións poden realizarse nos teléfonos 636 223 134 ou no 653 484 497 xa que as prazas serán limitadas.