Skip to main content
Cospeito

Cospeito arranca as actividades infantís cunha festa de Nadal

Por 22 Decembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Cospeito ofrece este Nadal un variado programa de actos que deu comezo a fin de semana coa presentación dos libros gañadores do III Certame Torre de Caldaloba e o concerto de Asubíos da Chaira.

Pero a celebración continuará o día 23 coa Festa de Nadal organizada pola anpa do CPI Virxe do Monte, ás 17.00 no pavillón.

O luns 27 haberá prácticas de tiro con arco no pavillón de Muimenta con dúas quendas, ás 17.00 para os nenos de 6 a 12 anos, e ás 18.30 para os maiores. Esta actividade repetirase o mércores 29 cos mesmos horarios pero no pavillón de Feira do Monte.

Tamén, o martes ás 16.00 horas, haberá un taller de Nadal na casa da cultura de Feira do Monte, que se repetirá o 30, á mesma hora en Muimenta.

Co cambio de ano continuarán as actividades. O domingo 2 haberá un festival do Nadal de corais ás 20.00 horas na casa da cultura de Feira do Monte, onde o luns 3 terá lugar teatro e narración oral con Astrolabios, ás 18.00 horas.

O martes 4 será tempo de bingo (ás 17.00 horas) na casa da cultura e, previamente, ás 11.00 horas no centro de día.

As actividades clausuraranse o día 5, a partir das 17.30 horas, coa tradicional cabalgata, que fará un percorrido polas rúas ademais de visitar o centro de día. A xornada contará con recepción dos pequenos, baile e chocolate con churros.