Skip to main content
Axenda Caducada

Arranca a celebración do Nadal en Meira

Por 7 Decembro, 2021Xaneiro 8th, 2022Sin comentarios

Meira presentou xa o seu programa de Nadal, que como explican, contará con menos actividades das desexadas debido á presenza activa da pandemia de covid.

O alumeado de Nadal xa está acendido e aberto tamén o concurso de decoración de escaparates organizado por ACEA.

Tamén, aproveitaron os primeiros días da ponte para organizar visitas guiadas de balde ao Mosteiro de Meira, que teñen lugar todos os sábados de decembro ás 12.00 horas, agás o día de Nadal. Posteriormente suspeude a que se ía celebrar o sábado 11 debido á coincidencia coa manifestación contra os eólicos.

O 12 comezarán os actos coa celebración da feira, que estará acompañada dun rastrillo benéfico organizado pola Confraría de Meira e que estará situado nun stand na propia feira. Venderanse manualidades, que poden ser doadas por particulares.

Así mesmo, o 18 continuará a programación cun festival de corais, ás 19.30 horas, que se celebrará na igrexa.

Non faltará tampouco, o día 22, ás 21.oo horas, a tradicional chocolatada no Convento para recuperar, o día 25 a representación do Belén vivente na igrexa de Meira, tamén ao cargo da Confraría local e que este ano estará dedicado aos gandeiros, polo que a organización solicita todo o referente ao leite, dende ordeñadoras, desnatadoras, etc.

O domingo 26 tocará feira de novo en Meira e, pola tarde, ás 20.30 horas, terá lugar o concerto de Nadal, a cargo da Banda de Música de Meira na propia igrexa.

Meira tamén celebrará o fin de ano o día 31, ás 12.00 horas, con badaladas na praza do Concello e animación musical.

En xaneiro continuará a programación coa tradicional Cabalgata de Reis, o día 5 e a representación do Belén de novo o día 6, ás 13.00 horas.

Rematará o programa o día 8, sábado, cun concerto do gripo de gaitas e acordeóns da ESMU de Muimenta, tamén na igrexa, ás 20.30 horas.