Skip to main content
Abadín

Abadín acomete a sinalización turística do Concello

Por 7 Decembro, 2021Decembro 8th, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín iniciará a sinalización dos puntos de interese turístico e histórico da vila a través de paneis informativos, un proxecto que foi adxudiaado á empresa luguesa Helem Servicios Multisectoriales.

O orzamento desta actuación é de preto de 23.000 euros, destinados á elaboración e á colocación de 19 paneis informativos de 40×65 centímetrosa carón dos principais recursos turísticos do concello co fin de que unha vez que o visitante chega ata eles poda ter a información necesaria para o seu coñecemento e interpretación.

Dado o elevado numero de recuros con que conta o concello estes agrúpanse por parroquias polo que haberá un panel por parroquia no que se recollerán os recursos turísticos da parroquia, localizados nun plano e con fotografías e información detallada dos mesmos.

Os paneis informativos  ofercerán información acerca dos recursos turísticos, nos que se incluirán fotografías, situación, descricións e datos relevantes sobre eles así como mapa detallado para a súa correcta localización.

Ademais colocarase en cada un dos novos paneis un código QR cun vínculo directo para a descarga da app e de acceso a web de información turística municipal.

Ademais, co gallo de resaltar a importancia de todos os recursos turísticos do concello preténdese a colocación dun Directorio Planímetro Cultural,o contido deste planímetro será un completo mapa do concello situando todos os recursos turísticos do concello para poñelos en valor. Pretendese colocar tamén un planímetro do Camiño de Santiago o seu paso polo concello de Abadín, outro que recolla a información dos numerosos cruceiros que se encontran o longo do seu territorio, outro destacando a importancia da igrexa de Santa María de Abadín e outro destacando a importancia da Serra do Xistral.

O soporte para estes planímetros culturais realizarase segundo deseño do manual de sinalización turística da Xunta de Galicia formado por panel de bandexa de aluminio ou metacrilato de 1.400 x 1.400 mm e dúas láminas superior e inferior de 150 mm a maiores pintadas coa cor corporativa do concello.