Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte prepara un mercado de nadal para o 18 e 19 de decembro

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte estará a preparar como novidade un mercado de nadal que se celebrará os días 18 e 19 de decembro na praza Irmáns Souto Montenegro.

Os interesados en participar como vendedores poden solicitar o seu posto no concello antes do 10 de decembro. Búscanse expositores de artesanía, alimentación, ocio, decoración, atraccións, etc, que terán a súa estadía gratuíta.

A intención do Concello é preparar para eses días de mercado unha morea de actividades para nenos e adultos.

Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no Concello a través do teléfono 982 396 143 ou 619 455 026.