Skip to main content
Begonte

Falece o escultor chairego Víctor Corral

Por 16 Decembro, 2021Decembro 17th, 2021Sin comentarios

Días depois de ter recibido unha homenaxe, o artista begontés Víctor Corral faleceu no Hospital Lucus Auguti aos 84 anos tras ingresar con problemas respiratorios.

O escultor chairego, fillo predilecto do Concello de Begonte, foi homenaxeado o día 11 deste mes pola asociación Xermolos, que lle adicou un Hectómetro dentro do Paseo dos Soños de Vilalba. O propio Corral foi o autor do monolito na súa honra.

Víctor Corral, que durante os primeiros anos da súa faceta artística viaxou moito, rematou por instalarse en Baamonde, onde estableceu unha casa museo, lugar de visita obrigada para os amantes da arte, nas que se poden ver moitas das súas obras máis destacadas.

Corral fixo moitas cousas ao longo da súa vida, foi fotógrafo, pintor, ciclista, escalador, gaiteiro, hosteleiro, pero definiuse sempre como creador.