Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A Deputación aproba contratos de subministros para a granxa Gayoso Castro

Por 4 Decembro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación de tres contratos de subministros para diferentes servizos da Deputación. Por unha banda, sae a contratación por un importe de máis de 25.100€ a adquisición dun grupo electróxeno para a Granxa Gayoso Castro.

Por outra banda, aprobouse a licitación por importe de algo máis de 43.500€ dun contrato para o subministro de pneumáticos para os vehículos e maquinaria tanto do Parque Móbil como da Granxa Gayoso, e outro para o subministro de mobiliario de diferentes servizos da institución provincial por un importe de 91.960€. 

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do encargo a Tragsa, por un período de 6 meses e un importe de 231.000€, do servizo de limpeza dos distintos edificios e dependencias da institución provincial.