Skip to main content
Cospeito

O SD Muimenta inicia unha campaña de recollida de xoguetes

Por 14 Decembro, 2021Sin comentarios

O SD Muimenta iniciou unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para que “ningún neno se quede estos Reis sen o seu agasallo”. A campaña, feita en colaboración con Cruz Vermella de Vilalba,  manterase activa ata o 17 de decembro.

Quen queira sumarse a esta causa pode deixar a súa achega no campo de fútbol do SD Muimenta, entregalo a calquera membro do clubo ou deixalo no restaurante Anllo ou na froitería Novo.

Poderanse levar xoguetes usados en bo estado ou facer doazóns monetarias.