Skip to main content
Cospeito

Presentadas as obras gañadoras do terceiro certame Torre de Caldaloba

Por 20 Decembro, 2021Sin comentarios

No Museo das Aves do Concello de Cospeito levouse a cabo a presentación das obras gañadoras da III Edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que contou coa asistencia dos galardoados e outros relatores.

Patricia Torrado Queiruga e Abraham Pérez foron a primeira e segundo clasificados respectivamente, na convocatoria do ano 2020, dun certame promovido polo Concello de Cospeito, a Asociación Cultural e Recreativa San Martiño de Piñeiro e Culturalia GZ.

No acto, os galardoados tamén leron os seus poemas e estiveron presentes ademais o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; a presidenta da asociación de Piñeiro, Inés Lozano, e Martiño Maseda, de Culturalia GZ.

Castosa uniuse tamén a esa alegación a favor da palabra escrita e manifestou que as institucións públicas “deben redobrar esforzos” para poñer en valor a palabra, sobre todo na actualidade. Destacou tamén que o Certame de Poesía Torre de Caldaloba serve para poñer en valor o patrimonio e a historia local e subliñou “que mellor escaparate que poñer un concello no mapa que un libro”.