Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol volve elaborar o calendario con imaxes da localidade

Por 13 Decembro, 2021Sin comentarios

Un ano máis, o Concello de Friol elaborou un calendario do 2022 para repartir entre os veciños da localidade e no que se recollen imaxes do termo municipal.

Nesta ocasión está composto por imaxes de distintos lugares, paisaxes ou núcleos de poboación que hai no municipio de Friol.

O Concello fai todos os anos o envío do almanaque xunto coa felicitación do Concello aos veciños.