Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Os nenos de Friol terán un obradoiro de Nadal e a visita dos Reis Magos

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

Os nenos de Friol poderán desfrutar dun obradoiro de Nadal que dará comezo o día 22 de decembro e ata o 4 de xaneiro e terá como obxectivo axudar a conciliar a vida laboral e familiar nesta época do ano non lectiva.

O obradoiro será en horario de 10.00 a 14.00 horas no edificio PAI e será para nenos de 4 a 13 nenos e nel os rapaces aprenderán durante este tempo distintas decoracións da época.

Para participar será necesario anotarse no Concello antes do 20 de decembro xa que conta con prazas limitadas.

Un ano máis, o sábado 5 de xaneiro de 2022 os Reis Magos de Oriente visitarán aos nenos de Friol para poidan entregarlles as súas cartas e contarlles os seus desexos para o novo ano.

Desde o Concello de Friol informan de que previsiblemente despois desa visita haberá unha merenda no pavillón no que tamén terán inchables, sorteo de agasallos e música para amenizar a tarde.