Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Os Reis Magos visitarán todos os fogares de Friol trala cancelación da Cabalgata

Por 28 Decembro, 2021Sin comentarios

Á vista da evolución dos acontecementos nas últimas semanas en toda a Comunidade en relación coa situación sanitaria e especialmente o nivel de contaxios que se están producindo nos últimos dias, o Concello de Friol decidiu, por seguridade sanitaria da poboación de Friol principalmente, e por suposto por seguridade para a poboación infantil que poderían xuntarse na súa Festa de Reis, que o mellor sería pospoñer, por segundo ano consecutivo, a celebración de dita festa.

Outro motivo que leva ao equipo de Goberno a tomar esta difícil decisión, é o descoñecemento do nivel de restricións que estarán impostas en esa data. E tendo en conta que é un evento no que as diferentes actividades programadas para participar e desfrutar son de contacto directo entre os mais novos,” desde o Concello estimamos que sería unha irresponsabilidade continuar coa súa celebración”.

Segundo o alcalde, José Á. Santos, “tomamos por segundo ano consecutivo esta decisión seguros de que tanto os veciños do municipio de Friol, sobre todo os mais novos, entenden perfectamente que se dea este paso, polo ben común e para tratar de preservar o actual estado sanitario da poboación de Friol, e por suposto, seguindo as recomendacións dos expertos sanitarios”.

A visita dos Reis Magos irá acompañada por un pequeno agasallo a cada neno e nena do municipio, por parte do Concello de Friol, “co que pretendemos compensar, na medida do posible, a falta da Festa de Reis que se viña facendo estes anos, dada a situación actual sería unha temeridade celebrala”.

O alcalde aproveita para “agradecer aos mais pequenos da casa e a toda a familia, o esforzo,  paciencia e sentidiño que puxestes e seguides poñendo en esta situación tan difícil e complicada que nos tocou vivir”.