Skip to main content
Guitiriz

Volverá a Guitiriz o LudiNadal, con xogos para todas as idades

Por 19 Decembro, 2021Sin comentarios

Un ano máis, os nenos e nenas de Guitiriz volverán a contar cunha ampla oferta de actividades dentro da programación do LudiNadal 2021.

A través de diversos talleres de manualidades, inchables, atraccións e xogos de todo tipo os máis pequenos poden divertirse nunha contorna segura e baixo o cumprimento dos protocolos sanitarios fronte á pandemia.

O deslizador Tubby Xtream, con dúas baixadas independentes para descender coma no xeo subido nun donuts inchable é unha das propostas máis atractivas.

Outra das actividades máis innovadoras é o Nerf Battle Area, un xogo de acción e puntería dentro dun enorme inchable repleto de obstáculos. O obxectivo é desenvolver unha táctica en equipo e disparar aos opoñentes dun xeito seguro e sen riscos.

Ademais, o parque infantil para as crianzas a partir de dous anos tamén é unha gran alternativa para as familias. Os máis pequenos poden viaxar no tren infantil instalado dentro do recinto e os proxenitores poden acompañar ós seus fillos e fillas nas diversas actividades.

Como broche de ouro, o programa LudiNadal rematará cunha maxestuosa recepción aos Reis Magos. Gaspar, Melchor e Baltasar estarán presentes no día previo ao gran día. O 5 de xaneiro pola tarde os Reis de Oriente atenderán as peticións dos nenos e nenas do municipio nun decorado cargado de maxia e alegría.