Skip to main content
Guitiriz

Abre en Guitiriz a mostra ‘Tal como éramos’

Por 19 Decembro, 2021Sin comentarios

A Casa Habanera acolleu a inauguración da exposición Tal como éramos de fotografía antiga de Guitiriz e as súas xentes. No acto participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, a presidenta do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), Marisa Barreiro Mejuto, e o directivo do IESCHA, Manuel Castro Santamariña, que realizaron un visionado comentado das fotos expostas.

Esta será a sexta edición que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.

Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa na que as persoas asistentes poderán gozar e aprender como era a vida na vila chairega durante a segunda metade do século pasado.