Skip to main content
Meira

Comeza o concurso de decoración de locais comerciais en Meira

Por 6 Decembro, 2021Sin comentarios

Unha trintena de locais participan este ano no Concurso de Escaparates de Nadal 2021 organizado pola Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira, ACEA Meira, que deu comezo a fin de semana.

Como na edición anterior, o local mellor adornado será escollido a través dunha votación popular en Facebook, onde hai un album con unha imaxe de cada local. Admitiranse as votacións gústame, encántame, divírteme e asómbrame.

A asociación lembra que este ano só haberá un gañador.

As votación poderán realizarse ata o 6 de xaneiro.