Skip to main content
Meira

O PP de Meira solicita ao Concello un local para atender aos veciños

Por 6 Decembro, 2021Sin comentarios

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, mantivo o sábado unha reunión de traballo co portavoz municipal de Meira, Carlos Veiga Pérez, así como con outros afiliados populares neste municipio. Neste encontro participou tamén o secretario de Organización do PP da provincia de Lugo, Javier Vázquez Prado. Esta cita enmárcase no programa de contactos que de maneira permanente mantén a presidenta provincial coas voceiros e afiliados en todos os municipios da provincia para analizar o estado dos asuntos más relevantes en cada un deles, aportar a colaboración da directiva provincial e deseñar estratexias para reforzar a organización. Estas foron tamén as liñas xerais seguidas na reunión celebrada en Meira.

En canto as cuestións que afectan directamente aos veciños, na reunión destacouse, segundo sinalou Carlos Veiga, “a importancia do investimento de 300.000 euros que levará a cabo a Xunta, con cargo ao orzamento do 2022, para mellorar e ampliar o centro de saúde, que, como cabeceira de comarca, atende á poboación de seis municipios”. Sobre a mesa estiveron outras moitas cuestión municipais que foron estudadas para apostar polas solucións de máis interese para os veciños. Así, neste encontro informouse da elaboración dun boletín informativo, que será enviado aos domicilios, no que se informará das propostas defendidas polo PP no pleno municipal, así como dos investimentos da Xunta no municipio. Nesta liña, os asistentes a reunión estudaron algunhas actividades a desenvolver nas próximas semanas, especialmente en relación co sector forestal.

As próximas eleccións locais xa se perfilan no horizonte e o PP traballa para preparar a súa estrutura para conseguir o mellor resultado. A presidenta destacou a importancia de seguir facendo política e xestión para sumar; resaltou a importancia de traballar ao lado dos veciños en todas aquelas cuestións que os preocupan.

Candia animou aos populares de Meira a seguir incentivando a afiliación, un terreo este no que o portavoz, Carlos Veiga, se mostra satisfeito de como esta evolucionando este traballo e dos bos resultados obtidos ata o momento.

Os populares solicitarán un local no Concello, no que o portavoz municipal poida efectuar o seu traballo e atender e informar aos veciños.

A presidenta provincial e o secretario de Organización sinalaron unha vez máis que a agrupación de Meira, como as de toda a provincia, conta en todo o momento coa total disposición da directiva provincial para apoialas en todo o que necesiten no desenvolvemento do seu traballo ao servizo dos veciños.