Skip to main content
Meira

Suspendidas as badaladas de Meira

Por 30 Decembro, 2021Sin comentarios

Como organizadores das badaladas que estaban previstas para o día 31 ás 12 do mediodía na Praza do Concello de Meira, a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira “visto cómo está a situación epidemioloxica e as novas restriccions sanitarias”, decidiron suspender esta actividade xa que “creemos que non é o mellor momento para levala a cabo. Foi unha decisión difícil pero parecenos que é a mellor”.

Os empresarios asegurou que “tiñamos moita ilusión posta nesta actividade pero esperamos que o próximo ano a cousa esté mellor e poidamos disfrutar o doble”.

A organización suspendeu xa moitas das actividades previstas para estas datas como a chocolatada, o belén vivinte e a cabalgata de Reis. Tamén foi suspendida a última actividade programada para este Nadal, concretamente o día 8, sábado, un concerto do grupo de gaitas e acordeóns da ESMU de Muimenta.