Skip to main content
Muras

Crítica do alcalde de Muras por deixar o Sergas ao Concello sen médico

Por 10 Decembro, 2021Sin comentarios

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, fixo pública a súa queixa. por deixar a localidade sen médico durante unha xornada completa e non avisar previamente da situación.

Segundo explicou o alcalde, durante o día de onte o Sergas deixou o centro de saúde sen un médico facultativo, para atender aos veciños e veciñas do municipio. “Este agravio agudízase na medida en que dende a Administración xestionada polo Partido Popular, nin sequera deixaron aviso, nin ao concello, nin á veciñanza, polo que ao longo de toda a mañá, estes foron ao centro de saúde, e se atoparon coa sorpresa de que non había ninguén para atendelos. Non é a primeira vez que fan este tipo de manobras dende o Sergas, e parece que se está convertendo nunha tónica dominante nos últimos tempos”, afirma Requeijo.

O alcalde de Muras declarou que “é unha tomadura de pelo aos veciños e ademais que o fagan así, sen avisar. Unha auténtica falta de respecto do Sergas aos veciños que se atopan enfermos”. Manuel Requeijo engadiu que “o PP non fai mais que desmantelar os servizos públicos esenciais, como este de atención primaria de saúde. Despois veñen con programas e mil historias para evitar o despoboamento no rural. ¿Como non se van a marchar as familias, si continuamente pasan estas cousas? Están botando a xente do rural a patadas, a base de destruír os servizos básicos. Aínda estamos esperando a que o PP faga algo na Xunta para que volva unha entidade bancaria ao concello”.