Skip to main content
Muras

Muras conta xa con dous puntos de recarga de vehículos eléctricos

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras rematou tamén as obras de instalación de dous puntos de recarga de coches eléctricos, o que convirte a este municipio lugués nun concello de pioneiro.

Para esta obras foron dirixidos un total de 31.101 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, que cubriu a construción destes dous puntos, que están situados un na praza da Galeguidade, ao lado do Concello, e o outro na praza do Viveiró.

Ambos os dous están xa practicamente rematados e funcionando. Como explica o alcalde, a decisión de implantar este puntos “é porque cremos que o futuro pasa precisamente por aí, por impoñer o uso de vehículos de consumo eficiente e ir eliminando os combustibles fósiles. Queremos ser pioneiros e un referente neste eido”.

As estacións que se acaban de instalar en Muras teñen 21 kws de potencia e cargadores trifásicos e intelixentes, de forma que axustarán en función das necesidades a potencia que pode utilizar.

Ademais, estarán contectadas cunha aplicación similar ás que se empregan en moitas cidades para o pago da ORA coa que se poderá abonar o consumo de electricidade en base a tarifación que se estableza.