Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Convocada unha nova edición do concurso escolar Rosalía sempre viva

Por 3 Decembro, 2021Sin comentarios

A Casa-Museo Manuel María vén de convocar unha nova edición do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva; retomando, así, unha actividade, que tiña un altísimo éxito de participación entre o alumnado de toda a xeografía galega, despois de dous anos que non se puido celebrar pola situación socio-sanitaria vivida pola covid-19.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar, dirixido a todo o alumnado de ensino non universitario, ten como obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesia de dúas das voces máis importantes e populares da literatura galega.

O 3 de febreiro é a data límite para que os centros educativos se inscriban no certame e a fase final celebrarase no auditorio da Casa-Museo Manuel María o sábado 19 de marzo de 2022.

As bases pódense ver nesta ligazón