Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei escolle a postal gañadora do concurso

Por 3 Decembro, 2021Decembro 10th, 2021Sin comentarios

Iván Río Pernas, de 10 anos, foi o gañador este ano do concurso de postais do Nadal de Outeiro de Rei, polo que o seu traballo será usado polo Concello para felicitar as festas.

Iván foi o gañador na categoría de 4º a 6º de Primaria xunto a Natalia Feijóo e Cora Hernández. Os accesite nesta categoría foron para Mateo Lamas e Lara García.

Por outra banda, Roque Vilela, Daniel Romero, Bela Hernández foron premiados na categoría de primeiro a terceiro de primaria, con accesits para Daniel Corujo, Adriana Gómez, Iago Río e Mateo López.