Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Tegastacín informou ao persoal sobre o incio das consultas para o ERE

Por 26 Decembro, 2021Sin comentarios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou que a empresa Tegestacín comunicou á representación legal do persoal o inicio de período de consultas para a extinción da totalidade das relacións laborais da factoría de Outeiro de Rei. 

A noticia foi trasladada en asemblea ó persoal polo comité, “sendo o particular e‘macabro agasallo de Nadal da empresa ó seu persoal, por diante fican datas intensas nas cales haberá que avaliar o contido  e xustificacións realizadas pola empresa” din dende a CIG. 

Dende o comité e o persoal, amosouse a preocupación máxima diante desta situación pero tamén a  incertidume polo futuro que a empresa terá para as instalacións. 

O comité diante da inminente noticia ten solicitado diversas reunións coa administración galega na  intención de que sexa parte interesada polo futuro das instalacións desta industria e na conservación dos  postos de traballo. 

Dende a CIG manifestamos “o noso total rexeite da actuación empresarial, quen ven orquestando o seu particular desenlace nunha clara operación especulativa, sen solución de futuro para o persoal nen para as  instalacións da empresa, dende a CIG entendemos que calquer futuro para as instalacións, necesariamente  ten que ter cabida o seu persoal”.