Skip to main content
A Pastoriza

Abre un novo prazo de ingreso para o PAI da Pastoriza

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza abriu un novo prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o Punto de Atención á Infancia no presente curso ao ter cinco prazas vacantes sen que exista lista de espera.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de decembro e esta ten que facerse pola vía habitual no Rexistro do Concello.

Ademais de cubrir o impreso correspondente de solicitude, os interesados deberán presentar fotocopias dos DNI dos pais e do libro de familia, certificados de empadroamento e documentos xustificativos da súa situacion económica así como das incidencias familiares e sociais que podan influír na súa selección como seren familia numerosa, persoas con discapacidades ou similares.