Skip to main content
A Pastoriza

Entregados os premios do concurso de tapas da Pastoriza

Por 6 Decembro, 2021Sin comentarios

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, acompañou á directiva na entrega dos premios aos gañadores da VII edición da ruta das Tapas, organizada pola asociación de comerciantes local, Asapa.

Nesta ocasión participaron un total de dez locais hostaleiros, 5 de Pastoriza (O Cruceiro, Xarope, Brétema, a Casa da Cultura e O Castro) e 3 en Bretoña (Tropical, EsKina e Luciano), ademais de Casa Germán da Reigosa e Taberna Molareda de San Cosme. Repartíronse un total de sete premios. Como primeiro houbo 350 euros máis un vale de 100 para compras. O segundo foron 200 euros más 50 en compras. Tamén houbo tres premios máis de 50 euros cada un para gastar respectivamente nos supermercados A Pastoriza e Atlático e en Gasóleos O Acebreiro. O sexto agasallo foi un curso de condución PTC e o sétimo un curso de iniciación ao tiro con arco para dúas persoas.