Skip to main content
A Pastoriza

Rematan as obras na depuradora de Bretoña

Por 7 Decembro, 2021Sin comentarios

Remataron as obras de mellora e acondicionamento do servizo de augas e da depuradora de Bretoña, que contaron cun presuposto de 35.000 euros, subvencionados por Augas Augas de Galicia con 28.000 e a aportación municipal de 7.000.

As obras da EDAR consistiron na substitución e renovación do seu equipamento para lograr un maior rendimento así como unha mellor xestión e control dos residuos.

“Un paso importante para a mellora do noso medio ambiente no control e depuración das augas residuais”, lembra Fernández Leira.