Skip to main content
A Pastoriza

A Asapa organiza unha campaña para incentivar o comercio no Nadal

Por 31 Decembro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza organizou unha nova campaña para incentivar o comercio local durante estas festas de Nadal.

Así, está a facer un sorteo entre todos os que compren durante estas datas nos distintos locais comerciais do municipio unha serie de papeletas.

Ao final sortearanse 7 vales de cen euros para os que na súa papeleta coincidan as tres últimas cifras do primeiro número da Lotería de Reis, que se celebrará o 6 de xaneiro.

Esta campaña de Nadal 2021 conta coa colaboración do Concello da Pastoriza.