Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol compra a Casa da Lavada para impulsar novos proxectos

Por 19 Decembro, 2021Decembro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Pol certificou a compravenda dunha céntrica propiedade en Mosteiro, a Casa da Lavada, por importe de 150.000 euros, que contempla 30.000 metros cadrados de solo (23.000 rústico e 5.600 urbano), propiedade de cinco herdeiros diferentres.

O obxectivo é utilizar estas terras, ubicadas na céntrica Praza de Galicia xusto diante da carballeira, para impulsar novos proxectos, como a construción de vivendas sociais en Mosteiro ou ofrecer ao Concello novas dotacións municipais. Entre estas obras farase a restauración do edificio para habilitar nel a biblioteca municipal e un centro etnográfico para reforzar a oferta cultural, e en tres das fincas adquiridas tamén se preve unha zona de aparcadoiro e a colocación de placas solares para dotar de enerxía ás instalacións.

A antiga Casa da Lavada conta con dúas plantas de 227 metros cadrados ademais dun almacén duns 70 metros e unha construcción anexa de 24. Para esta compra o Concello investiu 53.000 euros e o resto sufragarase cunha subvención da Deputación de Lugo.