Skip to main content
As Pontes

Abre a inscrición para o campus de Nadal do Fendetestas

Por 14 Decembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O club de rugby Fendetestas organizou este ano unha nova edición do seu campus de Nadal, que se celebrará
entre os días 27 e 30 de decembro na súa cuarta edición.

O campus terá horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas e a actividade está aberta a nenos e nenas desde os seis ata os 16 anos aínda que as prazas están limitadas.

A cota de participación é de 30 euros para xogadores do club e de 40 para os que non o sexan e ademais haberá
un desconto de cinco euros para irmáns.

Os interesados poden inscribirse poden facelo ata o día 17 e informarse a través do correo campus@crfendetestas.com ou mesmo a través das redes sociais.