Skip to main content
As Pontes

As Pontes renova as tarxetas a residentes na zona azul

Por 29 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes informa que según a Ordenanza Xeral Municipal sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, publicada o 16/10/2012 e con aplicación desde o 17/10/2012, as persoas residentes da zona azul, deberán solicitar, durante o mes de decembro, a renovación do dispositivo habilitante que as autoriza a estacionar sin facer uso do dispositivo de control horario.

Deberán presentar a oportuna instancia no Rexistro Xeral do Concello acompañada da documentación requeriada, como é as fotocopias do DNI do titular do vehículo, do permiso de circulación do vehículo, do último recibo de pagamento do seguro e da ficha técnica e da Inspección Técnica de Vehículos.

As persoas interesadas en obter este cartón deberán estar ao corrente do pagamento do último recibo percibido do imposto de vehículos de tracción mecánica e non ter pendente en vía executiva multas de tráfico do concello.