Skip to main content
Vilalba

Manos Unidas abre en Vilalba un rastrillo solidario e sortea unha cesta de Nadal

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

Manos Unidas comarcal de Vilalba inaugura hoxe un rastrillo solidario, unha nova actividade que vén a substituír ao tradicional festival que se celebraba nestas mesmas datas para recaudar fondos para os proxectos solidarios que teñen en marcha.

Xa o ano pasado non se puido celebrar o festival por mor da pandemia polo que este ano e debido a que o virus continúa activo, decidiron cambiar e celebrar esta actividade.

Neste rastrillo venderanse produtos doados ou feitos polos voluntarios de Manos Unidas, entre os que figuran bolsos, mateis, tapetas, bisutería ou roupa, a prezos moi económicos.

Este rastrillo está situado no baixo das Galerías Camba de Vilalba con entrada pola rúa da Pravia. Permanecerá aberto con horario de 10.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas durante os proximos días ou ata esgotar existencias.

Tamén sortearán unha cesta de Nadal elaborada con produtos de proximidade donados por empresas habituais colaboradoras da entidade e dos seus proxectos como Imprenta Junor, Adegas Celme, Champivil, El Lote, Don Gabino, Pingas de Gaia, Representaciones Cabarcos ou Entrepinares, ademais doutros que preferiron manterse no anonimato.

O sorteo terá lugar o 22 de decembro no local da asociación.

Os recadado nesta acción irá para un proxecto de formación de nenos con discapacidade na India.