Skip to main content
Vilalba

Rematan varias renovacións do alumeado en Vilalba

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

Rematan os traballos de renovación do alumeado público coa instalación de luminarias de tecnoloxía LED en Grupo la Paz, Guadalupe, O Sixto, Camiño Vello, rúa da Feira e parte da rúa Cidade de Lugo.

As obras supuxeron a renovación de 183 puntos de luz. Grazas á tecnoloxía LED, o aforro económico para o concello rondará os 20.000 euros anuais e o aforro enerxético será do 80%, rebaixando ademais de forma considerable a contaminación lumínica e as emisións de CO2.

Con esta actuación, desde o comezo do mandato municipal renováronse xa 500 puntos de luz no casco urbano de Vilalba e as zonas rurais máis próximas, cun investimento próximo aos 350.000 euros.

Desta cantidade, o concello só aportou 40.000 euros, xa que o resto procede de subvencións xestionados polo goberno local co Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. Antes de xuño de 2019 non se solicitaban estas axudas.

“A renovación da rede continuará, tanto no centro como nas parroquias, apostando pola tecnoloxía LED para cumprir todas as recomendacións da UE e dar un mellor servizo aos veciños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.