Skip to main content
Vilalba

O consumo na hostalaría de Vilalba os xoves ten premio

Por 16 Decembro, 2021Sin comentarios

A asociación empresarial Sete Pontes inicia en Vilalba unha campaña orientada a impulsar a hostalaría do termo municipal.

A iniciativa, que se desenvolverá todos os xoves, leva o nome Todos os xoves Xatapeo e Xacopeo en Vilalba e consiste en repartir entre os consumidores da hostalaría local diferentes premios.

Para participar, a clientela recibirá unha tarxeta que terá que selar coas súas consumicións dos xoves en polo menos cinco locais distintos. Unha vez cuberta a papeleta, depositarase nunha urna que haberá en cada establecemento.

Cada mes haberá premios diferentes e en decembro os participantes entrarán no sorteo dunha estancia para dúas persoas dunha noite nunha casa rural, dúas botellas de viño, un vale para a gasolineira do polígono industrial e unha cesta de Nadal.

Unha trintena de establecementos vilalbeses están integramos nesta iniciativa, na que non hai límite de participación por cliente.

As urnas permanecerán abertas do 16 ao 31 de decembro e o día 5 de xaneiro farase o sorteo para elixir os gañadores.