Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade faise coa reitoral de Santa María

Por 23 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade chegou a un acordo a mediados do ano 2021 co Bispado de Mondoñedo-Ferrol para a adquisición das casas reitorais de Santa María de Xermade e San Pedro Fiz de Roupar, no prezo de 100.000 euros.

A superficie da casa reitoral é de 307 m2, segundo a información catastral. Está ubicada nunha parcela que ten 7.575 m2 en en solo de núcleo rural e 2.686 m2 en solo rústico. O inmoble foi rehabilitado exteriormente grazas a un obradoiro de emprego.

A adquisición formalizouse en escritura pública o pasado 29 de novembro. Aínda que a previsión era que fose financiada con fondos propios, a través do remanente líquido de tesouraría, finalmente financiouse con cargo a un convenio interadministrativo que xa fora subscrito o 30/12/2020 coa Deputación de Lugo para a adquisición dun camión contra incendios, que se modificou a petición do Concello para ampliar o seu obxecto, aproveitando así os fondos provinciais, que ascendían a 60.000 euros.

O camión contraincendios usado adquiriuse directamente ao Concello de San Tirso de Abres, no prezo de 11.000 euros, dos cales a Deputación achegou 10.000 euros e o resto o Concello de Xermade.

A adquisición da reitoral de San Pedro Fiz de Roupar precisa segregar parte da parcela, na que se ubica a igrexa, e o Concello de Xermade agarda poder formalizalo antes do remate deste ano 2021.