Skip to main content
Xermade

A Apalpadora visita Xermade da man de Amuraxe

Por 27 Decembro, 2021Sin comentarios

A asociación de mulleres rurais de Xermade, Amuraxe, recupera a súa programación de Nadal e este ano organizou dúas actividades en colaboración coa área de cultura da Deputación Provincial de Lugo.

A primeira das propostas foi unha representación de teatro e a segunda actividade terá lugar este mércores 29 e está pensada para o público infantil, aínda que aberta a todas as idades. Será ás 17.00 horas, tamén no local social, e consisitrá na visita da Apalpadora, a filla do Apalpador, que recolle a testemuña do seu pai para compartir algúns relatos sobre a vida na montaña ou as súas lendas.