Skip to main content
Xermade

Xa hai gañadores do concurso de decoración de Nadal de Xermade

Por 29 Decembro, 2021Decembro 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade informou de que xa hai gañadores do concurso de decoración de Nadal, estreado o ano pasado cunha gran aceptación de 41 participantes.

Dentro dos criterios xenéricos tívose en conta a creatividade, orixinalidade e vistosidade así como o uso de materiais naturais e reciclados, e a introdución na decoración de elementos representativos do Concello de Xermade. O premio en cada unha das cinco categoría será unha cesta valorada en 130 euros.

Nesta segunda edición establecéronse dúas grandes categorías, a de vivendas por un lado e a de negocios pola outra. Na primeira houbo diferentes premios, ao mellor árbore de Nadal, o mellor Nacemento, a mellor decoración interior e a mellor decoración exterior.

Así, o premio ao mellor árbores foi para Raquel Fernández Bellón de Roupar, o mellor Nacemento recaeu en José Gato Galego de Cabreiros, a decoración interior e a exterior foi para Roupar sendo os gañadores Alfonso Vérez Prieto e Patricia Pico Roca respectivamente.

Na segunda categoría, exclusiva para negocios, o premio foi para Elene Peleteiro Cespón do bar Casal de Xermade.