Skip to main content
Uncategorized @gl

O crecemento da covid acentúase na Ribeira Sacra

Por 5 Decembro, 2021Decembro 6th, 2021Sin comentarios

A covid mantén o seu crecemento constante malia que se reducen os casos novos e algo a hospitalización pero os gromos seguen aparecendo.

Hoxe hai 645 casos activos, 26 máis que onte, cun rexistro de 48 novos positivos e 22 altas. Onte houbo 32 máis, con 65 novos contaxios e 33 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.917 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Hai catro ingresados na UCI de Lugo e 7 pacientes en planta (1 menos), 3 no Hula (1 menos), 2 na Mariña e 2 en Monforte.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

A covid mantén a situación de xornadas anteriores cun crecemento máis acentuado nos concellos da Ribeira Sacra.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 13 casos (1 menos).
  • Ribadeo sobe ata 26 enfermos (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Cervo e Alfoz.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo, Xove, O Valadouro e Barreiros.
  • Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 37 contaxiados (3 máis).
  • Outeiro de Rei reduce ata 16 enfermos (1 menos).
  • As Pontes chega aos 11 casos.
  • Abadín volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei e Xermade. Únese A Pastoriza.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito, Muras, Rábade, Guitiriz e Begonte. Únese Meira.

Comarca de Sarria

  • Sarria reduce 1 ata 19 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo volve frear con 228 contaxios (1 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Portomarín, Guntín, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais, Antas e Becerreá.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Pedrafita, Cervantes e Baralla. Únese Castroverde.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 11 positivos.
  • Chantada: 41 contaxios (3 máis).
  • Folgoso do Courel: 13.
  • Monforte: 34 casos (4 máis).
  • O Saviñao: 26 enfermos (3 máis).
  • Taboada: 17 contaxios (2 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.