Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia afronta a Noiteboa cun aumento de novos contaxios

Por 24 Decembro, 2021Decembro 26th, 2021Sin comentarios

A presenza da covid segue en aumento na provincia de Lugo cunha suba de casos novos e coa hospitalización mantense.

Hoxe hai 1.505 casos activos, 186 máis que onte, cun rexistro de 37 novos positivos e 46 altas. Onte houbo 166 máis, con 195 novos contaxios e 33 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 22.589 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria mantense con 4 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 11 pacientes (1 menos), 4 no de Lugo (2 menos), 2 na Mariña e 5 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

A covid segue aumentando por toda a provincia deixando cada vez menos concellos sen virus, destaca o crecemento nos concellos da Mariña como Burela, Ribadeo e Viveiro, en Lugo, Monforte, Vilalba e Sarria.

A Mariña

  • Burela: 29 positivos (9 máis).
  • Foz: 28 (3 máis).
  • Lourenzá: 16 (3 máis).
  • Mondoñedo: 12 (1 máis).
  • Ribadeo: 31 (8 máis).
  • Viveiro: 30 (5 máis).
  • Cervo: 12. (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Barreiros, Xove, O Vicedo, Alfoz, Riotorto e A Pontenova. Únese Trabada
  • Máis de quince días limpos: Ourol. Únese O Valadouro.

Terra Chá

  • As Pontes: 31 (2 máis).
  • Castro de Rei: 10 (1 menos).
  • Guitiriz: 13 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 23 casos (4 máis).
  • Vilalba: 45 (10 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Muras Meira, A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol, Begonte, Cospeito e Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 28 (9 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos, O Páramo e O Incio. Únese Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • Guntín: 13 (2 máis).
  • Lugo: 616 (63 máis).
  • Monterroso: 17 (2 máis).
  • O Corgo: 15 (3 máis).
  • Palas de Rei 16.
  • Castroverde 11.
  • Por debaixo dos 10 casos: A Fonsagrada, Baralla, Baleira, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Antas de Ulla. Únese Cervantes.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín. Únese Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 61 contaxios (5 menoss).
  • Folgoso do Courel: 15 (1 menos).
  • Monforte: 133 casos (21máis).
  • O Saviñao: 30 enfermos.
  • Pantón: 16 (2 menos).
  • Quiroga: 22 casos (2 máis).
  • Taboada: 14 contaxios (1 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Ribas de Sil e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Volve ser obrigado o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.