Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúan subindo os casos activos na provincia

Por 26 Decembro, 2021Decembro 27th, 2021Sin comentarios

A presenza da covid segue a subir na provincia de Lugo pese as medidas sanitarias seguen subindo os casos novos e a hospitalización.

Hoxe hai 1.740 casos activos, 237 máis que onte, cun rexistro de 24 novos positivos (298 en total) e 60 altas. Onte houbo 235 máis, con 42 novos contaxios (274 en total) e 41 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 23.162 casos rexistrados e 258 persoas falecidas, tres delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria sube a 6 enfermos na UCI do Hula, mentres en planta os ingresados son 17 pacientes (1 máis), 10 no de Lugo, 3 na Mariña e 4 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid segue a progresión destas últimas xornadas onde foi aumentando por toda a provincia deixando cada vez menos concellos sen virus como na comarca da Mariña que xa non queda ningún sen virus. Así memso, segue a destacar o rápido crecemento no en Lugo, Monforte e Vilalba.

A Mariña

  • Burela: 43 positivos.
  • Foz: 29 positivos.
  • Lourenzá: 16 positivos.
  • Mondoñedo: 21 positivos.
  • Ribadeo: 50 positivos.
  • Viveiro: 44 positivos.
  • Cervo: 20 positivos.
  • Xove: 14 positivos.
  • Por debaixo de 10: Barreiros, O Vicedo, Alfoz, Riotorto,A Pontenova e Trabada. Únense O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • As Pontes: 47 positivos.
  • Castro de Rei: 12 positivos.
  • Guitiriz: 27 positivos.
  • Outeiro de Rei: 26 positivos.
  • Vilalba: 101 positivos.
  • Cospeito: 19 positivos.
  • Friol: 11 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Muras, Meira, A Pastoriza, Abadín, Rábade, Pol e Begonte.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 42 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara, Samos, O Páramo e O Incio. Únese Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • Guntín: 15 positivos.
  • Lugo: 772 positivos.
  • Monterroso: 19 positivos.
  • O Corgo: 23 positivos.
  • Palas de Rei 18 positivos.
  • Castroverde 26 positivos.
  • A Fonsagrada: 11 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Baralla, Baleira, Becerreá, P0rtomarín, As Nogais e Cervantes. Únese Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín. Únese Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 66 positivos.
  • Monforte: 180 positivos.
  • O Saviñao: 26 positivos.
  • Pantón: 21 positivos.
  • Quiroga: 26 positivos.
  • Taboada: 19 positivos.
  • Sober: 15 positivos.
  • Carballedo: 11 positivos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Ribas de Sil. Únese Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Volve ser obrigado o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • Indica así que será obrigatorio presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.