Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid desbórdase dobrando os novos contaxios

Por 30 Decembro, 2021Decembro 31st, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo está a sofrir unha explosión de novos contaxios e conta co virus extendido por toda a poboación e só con tres concellos limpos na última semana. Aumenta tamén a hospitalización.

Hoxe hai 3.149 casos activos, 551 máis que onte e 620 casos novos e 68 altas. Onte houbo 309 casos activos máis, con 163 novos contaxios e 77 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 24.577 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria sobe en 3 enfermos. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados, mentres en planta son 15 pacientes, 12 no de Lugo (3 máis), 2 na Mariña (1 máis) e 1 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

O crecemento da covid xa é espectacular e incontrolable con aumento de casos en practicamente todos os concellos.

A Mariña

  • Barreiros: 18 casos. (4 máis)
  • Burela: 85. (22 máis)
  • Cervo: 29 (7 máis).
  • Foz: 43. (7 máis)
  • Lourenzá: 18. (3 máis)
  • Mondoñedo: 30. (1 máis)
  • O Vicedo: 11.
  • Ribadeo: 73. (14 máis)
  • Viveiro: 109. (26 máis)
  • Xove: 17. (2 máis)
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • Abadín: 10 positivos.
  • As Pontes: 91. (13 máis)
  • Begonte: 13.
  • Castro de Rei: 25. (4 máis)
  • Cospeito: 32. (9 máis)
  • Friol: 16. (3 máis)
  • Guitiriz: 36 (5 máis).
  • Outeiro de Rei: 46. (8 máis)
  • Rábade: 15 (2 máis).
  • Vilalba: 166. (21 máis)
  • Por debaixo de 10 contaxios: Xermade, Meira, A Pastoriza e Pol.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 17 enfermos. (4 máis)
  • O Incio: 13.
  • Sarria: 101. (26 máis)
  • Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo e Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 18 positivos. (8 máis)
  • Baralla: 18 (6 máis).
  • Becerreá: 21 (2 máis).
  • Castroverde 30. (1 máis)
  • Guntín: 20. (2 máis)
  • Lugo: 1.197. (196 máis)
  • Monterroso: 32. (8 máis)
  • O Corgo: 33. (2 máis)
  • Palas de Rei: 17. (4 menos)
  • Portomarín: 12.
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira, As Nogais, Cervantes, Pedrafita, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 (1 máis).
  • Bóveda: 11 enfermos.
  • Chantada: 72 (6 máis).
  • Monforte: 266 (35 máis).
  • O Saviñao: 36 (9 máis).
  • Pantón: 24 (3 máis).
  • Quiroga: 40 (6 máis).
  • Sober: 24 (9 máis).
  • Taboada: 22.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Carballedo.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.