Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid remata o ano á alza en contaxios pero coa hospitalización controlada

Por 31 Decembro, 2021Xaneiro 2nd, 2022Sin comentarios

A provincia de Lugo segue a sobrelevar esta vaga que está a afectar ao desenvolvemento das celebracións de Nadal.

Hoxe volven a subir os casos, aínda que menos que onte. Hai 3.556 casos activos, 407 máis que onte e 480 casos novos e 79 altas. Onte houbo 551 casos activos máis, con 620 novos contaxios e 68 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 25.063 casos rexistrados e 259 persoas falecidas, catro delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados, mentres en planta son 15 pacientes, 10 no de Lugo (2 menos), 3 na Mariña (1 máis) e 2 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

A covid segue expandíndose. Despois de Lugo, que subiu 128 casos nunha xornada, Sarria é o seguite en volume de crecemento con 46 enfermos máis. Destacan tamén Vilalba (26), As Pontes e Burela (21) ou Viveiro (16).

A Mariña

  • Barreiros: 24 casos (6 máis).
  • Burela: 106 (21 máis).
  • Cervo: 32 (3 máis).
  • Foz: 50 (7 máis).
  • Lourenzá: 30 (12 máis).
  • Mondoñedo: 32 (2 máis).
  • O Vicedo: 13 (2 máis).
  • Ribadeo: 83 (10 máis).
  • Viveiro: 125 (16 máis).
  • Xove: 18 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, A Pontenova, Trabada, O Valadouro e Ourol

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11.
  • As Pontes: 112 (21 máis).
  • Begonte: 16 (3 máis).
  • Castro de Rei: 30 (5 máis).
  • Cospeito: 39 (7 máis).
  • Friol: 22 (6 máis).
  • Guitiriz: 37 (1 máis).
  • Meira: 10.
  • Outeiro de Rei: 51 (5 máis).
  • Rábade: 18 (3 máis).
  • Vilalba: 192 (26 máis).
  • Xermade: 15.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Pol e Abadín.
  • Unha semana limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 22 enfermos (5 máis).
  • O Incio: 16 (3 máis).
  • Sarria: 147 (46 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Samos, O Páramo e Paradela
  • Máis de quince días limpos: Triacastela

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 24 positivos (6 máis).
  • Baralla: 25 (7 máis).
  • Becerreá: 23 (2 máis).
  • Castroverde 31 (1 máis).
  • Guntín: 21 (1 máis).
  • Lugo: 1.325 (128 máis).
  • Monterroso: 31 (1 menos).
  • O Corgo: 36 (3 máis).
  • Palas de Rei: 22 (5 máis).
  • Portomarín: 13 (1 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira, As Nogais, Cervantes, Pedrafita, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
  • Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 enfermos.
  • Bóveda: 13 (2 máis).
  • Carballedo: 10.
  • Chantada: 73 (1 máis).
  • Monforte: 293 (27 máis).
  • O Saviñao: 34 (2 menos).
  • Pantón: 26 (2 máis).
  • Quiroga: 38 (2 menos).
  • Sober: 28 (4 máis).
  • Taboada: 23 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
  • Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.