Skip to main content
Burela

O Osa do Mar de Burela fai un ‘crowdfunding’ para organizar a oitava edición

Por 5 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Osa do Mar de Burela anunciou que están a facer unha captación de fondos para poder organizar a vindeira edición do festival burelao.

“Pensamos en facer o Osa do Mar 2022 no metaverso e con hologramas para axustar o presuposto pero ao final decidimos intentar facer un festival dos de contacto. E para iso necesitamos da vosa axuda”, dixeron dende a organización.

O obxectivo de esta campaña é xuntar entre todas e todos 3.000€ que se destinarán a pagar parte das bandas que tocarán en esta edición.  “Recurrimos a esta campaña de captación de fondos vendendo por adiantado a entrada, camiseta e bolso para poder contar con uns fondos por adiantado que xa precisamos”, engadiron.

Así, para participar na creación da oitava edición do festival existen tres tipos de achegas, a primeira, un Bono para os 2 días do Osa do Mar 2022, que consiste na entrada ao recinto os días do festival.

A segunda achega será a da camiseta do Osa do Mar, e o terceiro, un bolso de tela parecido aos que se fixeron en edicións anteriores.

“Elixe o pack que mellor se adapte a ti”, din dende Osa do Mar, “tamén temos unha moi boa oferta, o pack Duosa, para as parexas ou amigos que queiran mercar ao mesmo tempo”.

Así mesmo, xa está confirmada a data do festival para este ano e será a fin de semana do 2 e 3 de setembro en Burela.