Skip to main content
Axenda Caducada

A Sacabeira de Cervo acolle unha mostra da Asociación Saúde Mental A Mariña

Por 11 Xaneiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

A Asociación Saúde Mental A Mariña terá unha nova exposición na Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo. Esta mostra de artesanía poderase visitar ata o 28 de febreiro no horario de apertura do Café.

A mostra conta con pinturas ao óleo do artista Xolo que son obras baseadas no surrealismo inspirado en cadros famosos.

A Asociación Saúde Mental A Mariña pón os seus recursos a disposición de persoas con enfermidade mental crónica e dos seus familiares para a súa rehabilitación psicosocial e laboral.