Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

Comeza a organización do II Trail do Caolín ao Fuciño do Porco

Por 21 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo comeza a organización para o segundo Trail do Caolín ao Fuciño do Porco que será o 22 de maio do 2022 e que previsiblemente coma na edición anterior terá unha competición longa de 25 quilómetros, outra curta de 15 e unha andaina tamén de 15.000 metros.

O percorrido da proba, estará próximo aos mil metros de desnivel e partiu do porto do Vicedo para seguir polo Caolín cara ao monte en dirección a San Román, chegar ao Fuciño do Porco e volver pola costa ata o porto.

As inscricións abriranse en febreiro en www.evedeportnorte.com, e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos, para o club máis numeroso e tamén para o máis afastado.