Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

Este domingo será o V Cross Comarcal A Mariña Lucense

Por 21 Xaneiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Nova edición do Cross Comarcal A Mariña Lucense, que nesta ocasión chega a súa quinta edición, e que se disputará o domingo 23 de xaneiro no municipio de Lourenzá.

Na carreira de atletismo de campo a través, organizada polo Club Atletismo Lourenzá, podeerán participar tanto atletas federados como non federados e a distancia para percorrer será de 5 quilómetros.

A carreira disputarase nas inmediacións do campo de fútbol da localidade e o pistoletazo de saída será ás 11.30 horas e terá unha distancia aproximada de 5 quilómetros.

Desde a organización da carreira lémbrase a necesidade de cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola covid-19, partindo do protocolo Físiocovid–DXT Galego da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da covid que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.