Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro acollerá unha nova edición da Feira de Razas Autóctonas

Por 24 Xaneiro, 2022Febreiro 3rd, 2022Sin comentarios

O próximo 5 de febreiro celébrase no Valadouro a terceira edición da Feira de Razas Autóctonas galegas, organizada pola concellería de Cultura do Concello en pro da recuperación de feiras e mercados tradicionais.

A partir das 10.00 horas e durante todo o día daranse cita na localidade exemplares de distintas razas de gando galego, desde ovellas, cabras ou cabalos de pura raza galega, a porcos celtas, galiñas de Mos, cans de palleiro ou vacas das razas cachena, caldelá, frieiresa, limiá, vianesa e rubia galega.

Para as inscricións haberá que escribir un e-mail a concurso@valadouro.gal, ou pasarse pola casa da cultura do Valadouro entre o luns 24 de febreiro e o mércores 2 de febreiro ata as 20.00horas.

O evento, organizado polo Concello do Valadouro coa colaboración das distintas asociacións que promoven a recuperación destas razas autóctonas, como Acruga, Can de Palleiro, Asoporcel, Puraga ou a Federación de Razas Autóctonas Boaga, reunirá a criadores chegados desde distintos puntos de Galicia e dará a coñecer entre o público asistente as características destas razas tradicionais do noso país e que en moitos casos estiveron a piques de desaparecer.

Esta cita contará cun importante premio económico para animar a participación dos distintos criadores. En total, repartiranse 4.200 euros en premios.