Skip to main content
Viveiro

A CIG mobilizarase en Viveiro para esixir a derrogación das reformas laborais

Por 26 Xaneiro, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

A CIG mobilizarase o 30 de xaneiro en todas as comarcas para esixir a derrogación real das reformas laborais. Na Mariña na Praza do Concello de Viveiro ás 12.00 horas.

Así, o secretario xeral, Paulo Carril, e o secretatio comarcal, Toño Niño, participaron na asemblea de delegados e delegadas da Mariña para avaliar as modificacións normativas e debater as accións a desenvolver para esixir unha derrogación integra das reformas laborais.

Esta nova reforma laboral “non permite a restitución dos dereitos roubados nin gaña outros novos xa que se manteñen intactos os aspectos máis lesivos da brutal lexislación aprobada polo PP en 2012 e que xa fora iniciada en 2010 polo PSOE”, dixeron.