Skip to main content
Foz

Foz acolle unha nova reunión sobre os eólicos na comarca

Por 28 Xaneiro, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

A casa da cultura de Foz acolle o sábado 29 de xaneiro ás 20.00 horas unha reunión informativa sobre os eólicos. Este acto tratará dos muíños de ventos e a súa invasión no rural galego e na comarca da Mariña.

Na reunión informarase das novas respecto aos proxectos de macroparques na Mariña e decidiranse novas accións ao respecto.

Así mesmo, terase información sobre a campaña Salvemos las Reservas de la Biosfera que ten en marcha Aliente (Alianza Energía y Territorio) a nivel estatal na que a Plataforma vai participar.