Skip to main content
Foz

Costas ten previsto un proxecto de estabilización medioambiental en Llás

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A subdelegada explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten previsto investir 400.000 euros para a realización de diversas melloras na praia de Llás, no concello de Foz

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez avanzou unha nova actuación para poñer en valor os recursos naturais da Mariña, dentro da súa aposta pola dinamización económica e turística da comarca, despois de participar esta mañá na sesión de constitutiva da comisión de seguimento do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña lucense, no que o Goberno inviste un 1.000.000 de euros. A subdelegada explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten previsto investir 400.000 euros para a realización de diversas melloras na praia de Llás, no concello de Foz.

Isabel Rodríguez, que efectuou unha visita á praia acompañada polo alcalde, Francisco Cajoto, lembrou que este proxecto súmase a outras ambiciosas iniciativas nas que traballa o mesmo departamento como son a creación de dous sendeiros para peóns entre Peizás á Pampillosa, tamén en Foz, ou entre Os Castelos e a praia de Fomento, no municipio do Vicedo.

A subdelegada informou de que a actuación que ten proxectada o Servizo Provincial de Costas para a praia de Llás consiste na estabilización medioambiental, inclúe a eliminación de especies exóticas e restauración con autóctonas e forma parte don unha nova mostra do compromiso do Goberno coa Mariña.

No proxecto contémplase tamén a posta en valor do sistema dunar desta praia coa colocación de paneis divulgativos. Tamén se prevé o encauzamento do afluente central da praia mediante pilotes de madeira, evitando así a erosión e deterioro desta zona ocasionado polas avenidas periódicas producidas no devandito contorno.

Igualmente o proxecto contempla a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia e un aparcamento co fin de mellorar o estacionamento e accesibilidade da mesma.

O proxecto de melloras na praia de Llás sométese a información pública, desde hoxe e por un prazo de 20 días hábiles, unha vez publicado no Boletín Oficial do Estado.