Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

A FCAM pon en marcha un marketplace de produtos agroalimentarios

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Federación de Comercio A Mariña pon en marcha afeira.gal, un marketplace de produtos agroalimentarios de Galicia.

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, explica que “esta nova plataforma consiste nun escaparate dixital onde se poderán vender produtos galegos de diferentes tendas e/ou produtores, axuntándoas nunha soa web, de modo que o cliente final, terá nunha única plataforma diferentes vendedores e produtos”.

Paleo sinala que “algunha das vantaxes desta plataforma é que potencia a tenda de proximidade favorecendo o seu acceso ao comercio en liña e por tanto incrementa a súa competitividade. afeira. gal está deseñada para que o seu manexo sexa moi sinxelo e intuitivo, de tal maneira que nela as empresas adheridas poidan ver o stock, os pedidos, subir produtos, ver e responder recensións, etc… desde afeira. gal encargaranse de todo o proceso de compra e os produtores/vendedores tan só terán que preparar os pedidos, xa que o envío xestiónao a propia plataforma”.

O presidente da FCAM indica que “a inscrición á plataforma é totalmente gratuíta para os produtores e vendedores que sexan socios da Federación de Comercio A Mariña. Pero está aberta a todas as empresas da zona relacionadas cos produtos agroalimentarios de Galicia. O único que terá que facer é pagar unha pequena cota, como en calquera outra plataforma de venda en liña, ou asociarse a calquera das oito Acias que forman parte da FCAM”. As empresas interesadas en obter máis información deben dirixirse ao seguinte número de teléfono: 633 018 796.

Desde a FCAM engaden que a presentación pública de afeira.gal terá lugar na primeira quincena do próximo mes de febreiro. A Federación de Comercio A Mariña recibiu unha subvención da Xunta de Galicia de 48.000 euros para a posta en marcha deste marketplace.